18/05/22

Verbos

Click to open full screen
El verbo, an interactive worksheet by LaBiBLioTHeKa
liveworksheets.com
Click to open full screen
El verbo, an interactive worksheet by lopezaileen517
liveworksheets.com
El verbo, an interactive worksheet by anapolo
liveworksheets.com

Sinónimios y antónimos

 

Sinónimos - antónimos, an interactive worksheet by DJYM
liveworksheets.com

Clases de palabras

05/05/22

Teatro Sabooor

Hoxe presenciamos un espectáculo cómico que mistura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. 

Os nosos protagonistas son dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos. 

@s nos@ alumn@s pasaron realmente xenial!!





27/04/22

Charla de saúde bucodental

 Onte recibimos no cole a visita da odontóloga Lucía Sales, que nos ofreceu unha charla/obradoiro sobre saúde bucodental.

É moi importante que @s nen@s comprendan a importancia de cuidar a nosa boca e os nosos dentes.

21/04/22

Pepito Grillo emociona!

 A festa da Lamprea chega a Arbo e con ela as fantásticas atraccións :)

Ver a Pepito Grillo pola fiestra da clase é emocionante 💓

13/04/22

OS ANIMAIS: Presentación final

 PASO 4 PRESENTACIÓNS DIANTE D@S COMPIS 

Aprender a elaborar e expoñer traballos, falar en público e defender as nosas opinións son algúns dos obxectivos máis importantes a aprender durante a nosa etapa no colexio.

Por iso resulta tan gratificante observar como cada un e cada unha de nós se esforza e se sinte tan marabillosamente ben despois de acadar os obxectivos.

Parabéns clase de 2º!


 






01/04/22

OS ANIMAIS

 @s nen@s de segundo pasan de alumn@s a profes en Ciencias da Natureza.

Comezamos o tema dos animais e cada equipo terá que explicarlle ao resto todo o que aprendan sobre eles.

1º PASO: Reparto de temas

MAMÍFEROS - AVES - PEIXES - RÉPTILES - ANFIBIOS 

2º PASO: Investigar

----EN LIBROS----




----NA AULA DE INFORMÁTICA---- 




 PASO 3 ELABORACIÓN DE PANCARTAS
 
 



29/03/22

La descripción

 

24/03/22

Día da árbore

Un ano máis o 21 de marzo está sinalado no noso calendario. @s nen@s do cole sairon do cole para plantar unhas árbores no coñecido como "Parque dos patos". Moitísimas grazas á colaboración da Comunidade de montes de Arbo.  Sen vós está fermosa actividade que nos conecta coa natureza, e nos recorda a importancia das árbores nas nosas vidas, non sería posible!

22/03/22

Día internacional da auga

 @s alumn@s de valores están moi concienciados da importancia que ten a auga nas nosas vidas e de que debemos facer un uso responsable da mesma.

Para festexar esta data inventaron unha canción e elaboraron unhas máscaras de gotas.


Así de espectacular resultou a actuación.

18/03/22

Pancarta sobre os animais

Despois de moitos días de investigación comezamos a plasmar a nosa información. Os equipos organizáronse as mil marabillas e así lles vai quedando. Xa queda pouco!!