Este é o primeiro ano que o Día de Rosalía de Castro se celebra un 23 de febreiro e non un 24. O cambio prodúcese despois de que a filóloga Sagrario Abelleira revelase unha documentación que acredita que a autora de Follas Novas e Cantares Gallegos naceu un día coma hoxe.
Esa documentación encontrouse no expediente matrimonial de Rosalía de Castro e Manuel Murguía. Ambos casaron en Madrid no ano 1858 e entre os papeis de ese enlace figura unha declaración da nai de Rosalía na que indica que a autora naceu o 23 de febreiro. Ata agora celebrárase o 24 porque se sabía que esa era a data do bautismo.
Na clase de 2º recitamos un fragmento dun poema seu e fixemos un mini libro con información sobre a súa vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario