22/02/22

Visita ao museo da lamprea

 As clases de 1º e de 2º visitaron esta mañá o Arabo Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea, un lugar onde comprender a enorme vinculación histórica dos arbenses  co viño e a lamprea.

Construída  na antiga escola de Arbo recompila no seu interior información moi interesante sobre a nosa comarca, paneis nos que aprender todo o necesario sobre este peixe prehistórico tan representativo da nosa vila e ata vídeos nos que observar o modo en que son capturadas.

Esta excursión fixo as ledicias d@s nos@s alumn@s e ademais... levamos para casa un agasallo.

Moitas grazas ao concello por esta fermosa actividade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario